9 ene 2012

NOS MUDAMOS

Despues de 3 años viviendo la CienCIa con vosotros a través de este blog hemos decidido cambiar de casa. Necesitábamos una más amplia, más manejable, más acorde con nuestras necesidades y con lo que vosotros nos demandais. Necesitábamos un lugar nuevo donde volver a encontrarnos y seguir superando retos, compartiendo experiencias, publicando sonrisas, recetando ciencia... por ello, a partir de ahora, nos veremos las caras en: CCIBIBLIO.WORDPRESS.COM

Allí nuestra inteligencia artificial HAL y nosotros mismos seguiremos adelante con nuevos y maravillosos casos a los que enfrentarnos, seguiremos viajando a lo largo y ancho del globo para saber qué se está cociendo en nuestra materia y os pondremos al día de todo lo que pase en este año; que dedicaremos a la Palentología y la Criptozoología.

DINOSAURIOS, DRAGONES Y LEVIATANES.
Nos veremos las caras, Truhanes

5 ago 2011

PERCORRIDO POLA EXPOSYFY


¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡COIDADO!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!

O que vas ver a continuación contén Spoilers do que te atoparás na Exposyfy que está ata o 20 de Agosto na Fundación Caixa Galicia de A Coruña. Se aínda non fuches deixa agora mesmo de ler isto e que non se che ocurra mirar as fotos. Se polo contrario queres botar unha ollada en imaxe ao que xa viches , Adiante.

28 jul 2011

"ExpoSyfy: Viaje fantástico"



Boas rapaces!!!

Sospeitamos que a Fundación Caixa Galicia, estivo investigando sobre as actividades secretas que levamos a cabo este ano en materia de Ciencia- Ficción... xa que onte saíu á luz unha noticia que nos fixo intuir que tiveron algún chivatazo dende esta organización secreta, ou vós sodes dos que creedes que AS CASUALIDADES EXISTEN...???
Por que a exposición que prepararon desde a Fundación e que comeza hoxe e remata o día 20 de Agosto, con entrada gratuíta, está adicada aos filmes de CIENCIA-FICCIÓN, e poñen a disposición de tódolos visitantes obxectos orixinais de películas como Star Wars, Batman, Mars Attacks...
¿E sospeitoso ou non?



Que a gocedes!!!!

16 may 2011

VAI SENDO HORA DE IR PARA A CASA

Bufffff!!!!!!!!!!

Menudas dúas semanas que tivemos e CCI´s. Sete días despois de estar animando a xente a coñecernos no "Día da Ciencia na rúa" espetámonos de cheo coa visita a Casa do Queixo, que seguro que a máis de un lle deixou un bo sabor de boca e con ganas de repetir. E agora, despois da tolemia final e como todo o bo na vida, o CCI tamén remata. Para nós "vai sendo hora de ir para a casa" e comezar a traballar nos contidos que nos deparará o programa o vindeiro ano. E vós tedes que saber que "de aquí non marchamos sen quedarmos para o ano que ven". Quedamos ou non??.

 
E ti, xa es do Clube??. AFÍLIATE!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!

12 may 2011

CASA DO QUEIXO EOOOO!!!!!!!

Rematamos o CCI cunha das visitas máis esperadas dos últimos anos, a Casa do Queixo de Grixalba. Un emprazamento bucólico no que desfrutaremos das seguintes actividades:

- Transformación do leite en queixo.
- Procesación e transformación da lá
- Obradoiro de artesanía
- Obradoiro de cereais
- Excursión en tractor

O autobus sairá o día 14 de Maio ás 9:15 do Forum. Lembrade que hai que traer roupa cómoda e algo para saciar o apetito mentras estemos alí, aínda que seguro que algo de queixo ten que caer. Chegaremos a Coruña sobre as 18:00 horas e despediremos ao noso clube ata o ano que ven, que coma sempre virá cargado de sorpresas.

Vémonos CCI´s

10 may 2011

QUE É A QUÍMICA?

A xunta de Andalucía creou un documento para axudar, neste Ano Internacional da Química, a todo aquel que esté interesado en saber como funciona todo o que nos rodea.

Despois da resaca do "Día de la Ciencia en la Calle", dos medios que nos asaltaron para saber a nosa opinión, e dos nervios ante a ida inminente á Casa do Quiexo de Grixalba, non debe de haber nada mellor para reflexionar.

9 may 2011

4 may 2011

MOVILAB, MOVILAB, MOVILAB TE QUIERO

Mañá xoves día 5 en CCI, visitaremos o Movilab. Un laboratorio móvil instalado nos Xardíns de Méndez Nuñez, onde poderedes realizar diferentes obradoiros científicos interactivos relacionados coa química, a física e a bioloxía. Un excelente aperitivo antes de asistir ao tan ansiado "Día da ciencia na rúa".

28 abr 2011

CCI vs FUTURAMA

Boas Rapaces!!!!!!

Durante o que resta da semana ímonos enfrontar a un dos cerebros máis brillantes do Universo. E decimos cerebros porque é iso, un cerebro. O seu afán de coñecemento leváo a recopilar todo, absolutamente todo, o que aconteceu nos seus millóns de anos de existencia. Está apunto de rocopilar todo o saber universal, e en canto o consiga será a fin de tódolos planetas.

Así que estes días, CCI´s, teremos que viaxar ao ano 3011 no que xunto coa axuda dos Niblonianos, Omicronianos, Neutrales e Globettoterienses remataremos con esta raza de comecocos para sempre.

Estades preparados para á batalla??

15 abr 2011

DENTRO DE 15 DÍAS NO QUI-CI-FI-ROL...


Coñeceremos da man dos expertos bibliotecarios/axentes especiais do CCI, os experimentos que este ano imos levar ao "Día de la Ciencia en la Calle", que unha vez máis estará coordinado polos Museos Científicos Coruñeses. Esperámosvos o día 28 na biblioteca Forum e o día 30 na biblioteca Infantil e Xuvenil para reestructurar os parámetros delimitados pola nosa sociedade e desfrutar, a base de Química e Ciencia Ficción, dun mundo "irreal" que pode que estea máis preto de nós do que pensamos. Non faltes, que pasamos lista.