Mostrando entradas con la etiqueta excursiones. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta excursiones. Mostrar todas las entradas

12 may 2011

CASA DO QUEIXO EOOOO!!!!!!!

Rematamos o CCI cunha das visitas máis esperadas dos últimos anos, a Casa do Queixo de Grixalba. Un emprazamento bucólico no que desfrutaremos das seguintes actividades:

- Transformación do leite en queixo.
- Procesación e transformación da lá
- Obradoiro de artesanía
- Obradoiro de cereais
- Excursión en tractor

O autobus sairá o día 14 de Maio ás 9:15 do Forum. Lembrade que hai que traer roupa cómoda e algo para saciar o apetito mentras estemos alí, aínda que seguro que algo de queixo ten que caer. Chegaremos a Coruña sobre as 18:00 horas e despediremos ao noso clube ata o ano que ven, que coma sempre virá cargado de sorpresas.

Vémonos CCI´s

9 abr 2011

SIEMPRE CCI COLA

Ao final non nos dixeron cal é o ingrediente segredo de coca cola, pero si que sabemos que das tres persoas do mundo que o saben, unha é española. A si que, a partir de agora poñerémonos as pilas para que alomenos un de nós chegue tan alto na multinacional como para ser o portador do segredo mellor gardado do mundo mundial. 

O que si que nos deron, foi unha cocacola que nos soubo a gloria despois de pasar unha hora e media sen beber absolutamente nada, na tarde de abril máis calurosa que ningún de nós lembrara xamáis. Amén dunha moi boa acollida e unha paciencia infinita por parte do noso axente especial Alejandro, que estoicamente aguantou un alubión de preguntas que non satisfizo a nosa curiosidade científica.

Se vos quedou algo no tinteiro, queredes comentar a vosa visita á coca cola ou participar no concurso de redacción só tedes que entrar na súa páxina web e atoparedes un montón de sorpresas agardándovos. E agora, a chamar aos da casa do queixo para que se vaian preparando, porque o noso afán de coñecemento levarános "hasta el infinito y más allá".

4 mar 2011

VISITA A REFINERÍA

Boas novas CCI´s!!!

Este xoves imos de excursión!!!. Unirémonos os CCI´s da biblioteca Infantil e Xuvenil e os do Forum para coñecer de primeira man o que pasa ao lado das nosas casas, na refinería repsol

O noso afán investigador levanos alí para coñecer de primeira man os procesos químicos necesarios para convertir o petróleo en crudo. Saberemos tamén  casles son os productos que podemos sacar dos restos e como se tratan os residuos derivados de todo o proceso.

Soa apaixante, verdade??.

PD: Recordade que para esta misión habemos quedar un chisquiño antes do que soemos facelo. Esperámosvos o día 10 as 17:30 no Forum Metropolitano para desenmascar o que se esconde tralas chemineas máis grandes da nosa cidade.

QUI-CI-FI!!!!!!!!

14 may 2010

CienCIa NA RÚA II

Buffffffffff!!!!!!!!!!!!!!!!!

Menuda mañá que tivemos, eh??. Todo o ano agardando por este día e xusto cando máis ganas tiñamos de mostrarlle ao mundo todo o que sabemos da Biodiversidade, a través de experimentos, ponse a chover.

Aínda así, aínda que ninguén puido desfrutar do noso intelecto, non podemos quedar parados. O que aprendimos non debe quedar no aire, o que sabemos non debe quedar no "olvido". Temos que ser consecuentes cos problemas do medio ambiente, temos que rexeitar calquera acción que conleve un perigo para o planeta, temos que loitar contra a extinción de especies..., temos que ser como o Capitán planeta. Uns defensores acérrimos da Terra.

Como agasallo pola vosa participación e como recoñecemento a vosa labor podedes levárvos para casa (ou descargalo dende o voso ordenador) ao Capitán Planeta. Se non tedes impresora, ou non sabédes como facelo, vide pola biblioteca e volo explicaremos. De tódolos xeitos, que o CCI esté rematado por este ano non quere dicir que non haxa sorpresas. Seguide agardando e visitade o noso blog. Ninguén sabe o que pode acontecer.

Biodiversifícate!!!!!!!!!

6 may 2010

CienCIa NA RÚA

Este sábado celébrase o XV día da Ciencia na Rúa promovido polos museos científicos coruñeses e o Concello de Coruña. Para celebralos os intrepidos membros deste clube asistirán con tres experimentos que deixarán boquiabertos, ou boquipintados, a toda a xente que se deixe pasar polos stands situados no Parque de Santa Margarida a partires das 11:00 horas. Non desvelaremos o que imos facer, pero dámosvos un adianto do que pode acontecer se caedes nas nosas máns, hahahahahahaha.


27 abr 2010

LUME NA RÚA


Todo o bo acaba rematando, o CCI tamén, pero a nosa despedida será gloriosa. Rematamos este ano CCI cunha nova misión, O LUME, que constará de dúas sesións. Nesta misión amosaremos a todo o mundo o lume que levamos dentro, as nosas inquedanzas, as nosas quimeras, as nosas esperanzas cara o futuro do noso planeta. Un planeta que está a sufrir continuos abusos pola nosa parte. O quecemento global, a extinción das especies, a desertización... son só o principio dos problemas que estamos a xerar. Non pretendemos dar solucións, pero si coincienciar a xente do que estamos a facer e de como podemos camiñar cara un desenvolvemento sostible.

Se queres ser parte consciente do que está pasando no mundo, ven este xoves 29 de Abril a sesión de preparación do que será a nosa participación no Día da Ciencia na Rúa. Nela faremos os experimentos cos que concienciaremos a todo o mundo dos problemas das enerxias non renovables e a reutilización de recursos.

Se tes entre 9 e 13 anos esperámoste o xoves día 29 de Abril na Biblioteca Infantil e Xuvenil ás 18:30.

Podes Inscribirte presencial ou telefónicamente en:

* Biblioteca Municipal Forum (981 184 298 - bforum@coruna.es)
* Biblioteca Municipal Infantil y Juvenil (981 184 388 - binfantil@coruna.es

3 mar 2010

CCI NO OCEANOGRÁFICO

No Centro oceanográfico da Coruña puidemos ver a importancia que ten o mar para a conservación e preservación da biodiversidade. Aínda que máis que ver estivemos xogando, analizando, experimentando, coñecendo e aprendendo dos misterios agochados en algo tan coñecido e á vez descoñecido como é o mar. De feito, a vida tal e como a coñecemos comezou no mar. Senón que lle pregunten a Homer Simpson.



E se a nós nos queredes preguntar algo acerca da nosa visita ao Oceanográfico, primeiro vede as nosas caras e despois sacade unha conclusión.


17 feb 2010

Novas aventuras no CCI

Seguimos coa nosa andadura CCI. Esta vez a nosa inquedanza investigadora, o noso soño de protexer a Biodiversidade existente en tódolos rincóns do mundo, levanos a coñecer o Centro Oceanográfico de A Coruña, situado no Paseo Marítimo Alcalde Francisco Vázquez, nº 10 (moi perto do Dique de Abrigo). Unha vez alí saberemos, de primeira man, cales son os estudos e as accións que os nosos expertos están a desenvolver para preservar a estabilidade dos animais e as prantas das nosas costas.

Estás preparado para descubrir o que Centro Oceanográfico aporta aos nosos mares?, tes entre 9 e 13 anos? Se as dúas respostas foron un si, este é o teu clube. Esperámoste o xoves día 18 de Febreiro nas portas do Oceanográfico ás 17:40.

Podes Inscribirte presencial ou telefónicamente en:

* Biblioteca Municipal Forum (981 184 298 - bforum@coruna.es)
* Biblioteca Municipal Infantil y Juvenil (981 184 388 - binfantil@coruna.es)

10 feb 2010

O CCI nas fragas do Eume

O sábado 6 de febreiro estivemos nas “Fragas do Eume”. Levantámonos moi cedo para poder observar xunto co noso experto botánico Carlos Franco a biodiversidade existente nos sendeiros, bosques e ríos das fragas. Desgraciadamente só puidemos ver a biodiversidade floral, posto que somos tan ruidosos que os animais nin sequera se nos achegaron. Despois de 7 km por camiños que desafiarían ao mesmo Robin Hood algúns afortunados puideron ver garzas e máis cabras montesas, pero outros quedámonos coas ganas. Para que non quededes vos tamén con elas, aquí tedes en imaxes o que aconteceu.

2 feb 2010

Excursión ás Fragas do Eume

Este sábado día 6 de febreiro ás 8:45 da mañá o CCI trasladarase ás Fragas do Eume. O autobús recolleranos na porta de Forum Metropolitano (Río Monelos 1) ás 9:00 h. para asistir a un dos lugares máis máxicos e especiais da nosa xerografía.
Da man dun dos nosos expertos botánicos percorreremos os sendeiros, bosques e ríos, nos que poderemos observar a biodiversidade alí presente, para rematar a nosa visita no Mosteiro de Caaveiro.
Por suposto, os pais podedes asistir tamén á actividade. Recordade que os menores necesitan unha autorización por escrito que podedes descargar aquí.

18 jun 2009

A ver las estrellas¡¡¡


El viernes 19 el CCI se traslada al Parque Santa Margarita de A Coruña. Hemos quedado sobre las 22:45 h. para ver las estrellas, planetas y constelaciones con telescopios gracias a la colaboración de la Asociación IO. Por supuesto, pueden asistir los padres también y los menores ya sabéis que necesitáis aportar una autorización firmada.

Autorización para menores

4 jun 2009

Mensaje de HAL a los tripulantes del CCI

Como recordáis, estamos pendientes de asistir a una misión de localización de estrellas. Sabemos que será al atardecer en el parque de Santa Margarita y que los chicos de la asociación IO serán vuestros guías celestes, pero dependemos de un factor tan importante como es la metereología, así que debemos descartar este sábado.
Os mantendremos informados mediante un SMS.

5 may 2009

CCI en el Día de la Ciencia en la calle

e
El sábado 9 de mayo los tripulantes del CCI se trasladan al parque de Santa Margarita en el Día de la Ciencia en la calle. Allí podrán exponer sus experimentos de biología astronómica (esos bichos que hicieron teniendo en cuenta las condiciones de presión, densidad, gravedad, etc.) de los planetas del sistema solar. Será muy interesante que los miembros del CCI les expliquen a amigos y visitantes de la caseta de las bibliotecas municipales por qué pensaron que lo habitantes de venus debían tener las patas largas o por qué algunos de los residentes en marte tienen varios ojos. Os esperamos


Descarga aquí los experimentos para el Día de la Ciencia en la Calle