9 abr 2011

SIEMPRE CCI COLA

Ao final non nos dixeron cal é o ingrediente segredo de coca cola, pero si que sabemos que das tres persoas do mundo que o saben, unha é española. A si que, a partir de agora poñerémonos as pilas para que alomenos un de nós chegue tan alto na multinacional como para ser o portador do segredo mellor gardado do mundo mundial. 

O que si que nos deron, foi unha cocacola que nos soubo a gloria despois de pasar unha hora e media sen beber absolutamente nada, na tarde de abril máis calurosa que ningún de nós lembrara xamáis. Amén dunha moi boa acollida e unha paciencia infinita por parte do noso axente especial Alejandro, que estoicamente aguantou un alubión de preguntas que non satisfizo a nosa curiosidade científica.

Se vos quedou algo no tinteiro, queredes comentar a vosa visita á coca cola ou participar no concurso de redacción só tedes que entrar na súa páxina web e atoparedes un montón de sorpresas agardándovos. E agora, a chamar aos da casa do queixo para que se vaian preparando, porque o noso afán de coñecemento levarános "hasta el infinito y más allá".

No hay comentarios: