30 mar 2011

A BEGANO VAMOS

CCI´s, estade atentos porque o xoves que ven temos unha cita obrigada co noso clube. O noso afán investigador levanos a facer unha visita a BEGANO (Bebidas Gaseosas del Noroeste S.A.), comunmente coñecido como "A fábrica de Coca Cola". Unha vez alí, os nosos axentes especiais explicarannos o funcionamento da fábrica e saberemos de primeira man que relación hay entre este tipo de bebidas e o tema que estamos a tratar neste ano CCI. 


Quen sabe, igual descubrimos cal é o ingrediente químico secreto que fai da coca cola unha bebida tan especial, aínda que pode ser que nos amosen varios modelos de superrobots como o que está na foto. 

Para comprobalo teredes que vir.
Vémonos o día 7 as 17:30 na biblioteca do Forum Metropolitano para unha velada Gaseombrosa.

No hay comentarios: