10 feb 2010

O CCI nas fragas do Eume

O sábado 6 de febreiro estivemos nas “Fragas do Eume”. Levantámonos moi cedo para poder observar xunto co noso experto botánico Carlos Franco a biodiversidade existente nos sendeiros, bosques e ríos das fragas. Desgraciadamente só puidemos ver a biodiversidade floral, posto que somos tan ruidosos que os animais nin sequera se nos achegaron. Despois de 7 km por camiños que desafiarían ao mesmo Robin Hood algúns afortunados puideron ver garzas e máis cabras montesas, pero outros quedámonos coas ganas. Para que non quededes vos tamén con elas, aquí tedes en imaxes o que aconteceu.

1 comentario:

Antonio dijo...

Disfrutamos como uns auténticos aventureiros nas Fragas.