Mostrando entradas con la etiqueta biodiversidade. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta biodiversidade. Mostrar todas las entradas

24 may 2010

NOSOTROS TAMBIÉN PODEMOS HACERLO

Aquí tenemos a Severn Suzuki, una niña Canadiense que en 1992 cuando contaba con solo 13 años de edad (más o menos la edad que tiene alguno de vosotros), dió una lección de activismo medioambiental en Cumbre de Medio Ambiente y Desarrollo "The Earth Summit", celebrada por la ONU en Río de Janeiro.

CCI´s, nosotros también podemos hacerlo. Entre todos debemos deconstruir este mundo y edificar encima uno mejor. Somos el futuro. La vida del planeta está en nuestras manos y nuestras manos todavía no están manchadas.

18 may 2010

A ONU lembra que a Biodiversidade periga

Levámolo dicindo dende principio de curso. Somo moitos os que o pensamos pero xa era hora de que alguén dese a cara.

14 may 2010

CienCIa NA RÚA II

Buffffffffff!!!!!!!!!!!!!!!!!

Menuda mañá que tivemos, eh??. Todo o ano agardando por este día e xusto cando máis ganas tiñamos de mostrarlle ao mundo todo o que sabemos da Biodiversidade, a través de experimentos, ponse a chover.

Aínda así, aínda que ninguén puido desfrutar do noso intelecto, non podemos quedar parados. O que aprendimos non debe quedar no aire, o que sabemos non debe quedar no "olvido". Temos que ser consecuentes cos problemas do medio ambiente, temos que rexeitar calquera acción que conleve un perigo para o planeta, temos que loitar contra a extinción de especies..., temos que ser como o Capitán planeta. Uns defensores acérrimos da Terra.

Como agasallo pola vosa participación e como recoñecemento a vosa labor podedes levárvos para casa (ou descargalo dende o voso ordenador) ao Capitán Planeta. Se non tedes impresora, ou non sabédes como facelo, vide pola biblioteca e volo explicaremos. De tódolos xeitos, que o CCI esté rematado por este ano non quere dicir que non haxa sorpresas. Seguide agardando e visitade o noso blog. Ninguén sabe o que pode acontecer.

Biodiversifícate!!!!!!!!!

6 may 2010

CienCIa NA RÚA

Este sábado celébrase o XV día da Ciencia na Rúa promovido polos museos científicos coruñeses e o Concello de Coruña. Para celebralos os intrepidos membros deste clube asistirán con tres experimentos que deixarán boquiabertos, ou boquipintados, a toda a xente que se deixe pasar polos stands situados no Parque de Santa Margarida a partires das 11:00 horas. Non desvelaremos o que imos facer, pero dámosvos un adianto do que pode acontecer se caedes nas nosas máns, hahahahahahaha.


27 abr 2010

LUME NA RÚA


Todo o bo acaba rematando, o CCI tamén, pero a nosa despedida será gloriosa. Rematamos este ano CCI cunha nova misión, O LUME, que constará de dúas sesións. Nesta misión amosaremos a todo o mundo o lume que levamos dentro, as nosas inquedanzas, as nosas quimeras, as nosas esperanzas cara o futuro do noso planeta. Un planeta que está a sufrir continuos abusos pola nosa parte. O quecemento global, a extinción das especies, a desertización... son só o principio dos problemas que estamos a xerar. Non pretendemos dar solucións, pero si coincienciar a xente do que estamos a facer e de como podemos camiñar cara un desenvolvemento sostible.

Se queres ser parte consciente do que está pasando no mundo, ven este xoves 29 de Abril a sesión de preparación do que será a nosa participación no Día da Ciencia na Rúa. Nela faremos os experimentos cos que concienciaremos a todo o mundo dos problemas das enerxias non renovables e a reutilización de recursos.

Se tes entre 9 e 13 anos esperámoste o xoves día 29 de Abril na Biblioteca Infantil e Xuvenil ás 18:30.

Podes Inscribirte presencial ou telefónicamente en:

* Biblioteca Municipal Forum (981 184 298 - bforum@coruna.es)
* Biblioteca Municipal Infantil y Juvenil (981 184 388 - binfantil@coruna.es

23 abr 2010

DÍA DA TERRA


Bandeira da Terra proposta por John McConnell.


Onte celebrouse o 40º Día da Terra. Unha festa, pertencente a xente que non está regulada por nigunha entidade ou organismo, promovida polo senador estadounidense Gaylord Nelson, que instaurou 22 de Abril como o día no que debemos tomar unha conciencia común aos problemas da contaminación e a conservación da biodiversidade, entre outras preocupacións ambientais, para protexer a Terra.
Dende CCI desexámoste un feliz Día da Terra e animámosvos a todos a "celebrar" este día durante todo o ano.