
Todo o bo acaba rematando, o CCI tamén, pero a nosa despedida será gloriosa. Rematamos este ano CCI cunha nova misión, O LUME, que constará de dúas sesións. Nesta misión amosaremos a todo o mundo o lume que levamos dentro, as nosas inquedanzas, as nosas quimeras, as nosas esperanzas cara o futuro do noso planeta. Un planeta que está a sufrir continuos abusos pola nosa parte. O quecemento global, a extinción das especies, a desertización... son só o principio dos problemas que estamos a xerar. Non pretendemos dar solucións, pero si coincienciar a xente do que estamos a facer e de como podemos camiñar cara un desenvolvemento sostible.
Se queres ser parte consciente do que está pasando no mundo, ven este xoves 29 de Abril a sesión de preparación do que será a nosa participación no Día da Ciencia na Rúa. Nela faremos os experimentos cos que concienciaremos a todo o mundo dos problemas das enerxias non renovables e a reutilización de recursos.
Se tes entre 9 e 13 anos esperámoste o xoves día 29 de Abril na Biblioteca Infantil e Xuvenil ás 18:30.
Podes Inscribirte presencial ou telefónicamente en:
* Biblioteca Municipal Forum (981 184 298 - bforum@coruna.es)
* Biblioteca Municipal Infantil y Juvenil (981 184 388 - binfantil@coruna.es
No hay comentarios:
Publicar un comentario