12 mar 2010

CAMBIO CLIMÁTICO E EXTENCIÓN DAS ESPECIES


Boas CCI´s!!!!!!

Aquí HAL retransmitindo dende o ciberespazo con algunha nova que contarvos. Temos un invitado especial para o vindeito CCI, trátase do noso axente especial Guillermo Díaz. Un investigador que dende hai anos traballa na Estación de Bioloxía Mariña da Graña (Ferrol), e que formou parte de varias campañas para a preservación e conservación do medio ambiente. Destaca sobre todo nas campañas relacionadas co medio mariño, entre as que está a expedición realizada polo buque oceanográfico "Hespérides" que durante todo o 2008 estivo a buscar novas especies mariñas nas costas galegas.

Debido á imposibilidade de contar con Guillermo para as dúas sesións que se realizan nas diferentes bibliotecas, decidimos facer unha soa na Biblioteca Infantil e Xuvenil (Durán Loriga, 10-baixo / 981184388). A actividade realizaráse o día 20 de Marzo, sábado, para os CCI´s de Forum e Biblioteca Infantil. Comezaremos as 17:30, e faremos fincapé no cambio climático que está a sufrir o noso planeta e as consecuencias que ten para as rías de Galicia.

Non faltarán xogos, e algunha que outra sorpresa.

Vémonos alí!!!!!!!!!!!!


No hay comentarios: